• CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O Craega celebrou o Día Europeo da Agricultura Ecolóxica coa presentación dun novo libro dos Bolechas sobre os alimentos eco

Co gallo do Día Europeo da Agricultura Ecolóxica, o pasado venres 22 de setembro o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) presentou en Monforte de Lemos a todos os colexios da zona un novo libro dos Bolechas dedicado aos alimentos ecolóxicos.

O encontro tivo lugar no Auditorio Multiusos de Monforte de Lemos, en Lugo, ás10:30 horas e nel estiveron presentes José Luis Cabarcos, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal); Pablo Rivera, deputado de Promoción Económica e Social na Deputación de Lugo; Gloria Prada, tenente de alcalde do concello de Monforte, e Francisco López Valladares, presidente do Craega.

Arredor de 450 rapaces e rapazas pertencentes aos centros educativos o CEIP Monforte de Lemos, o CRP Ferroviario, o centro educativo Torre de Lemos, o CEIP A Gándara e o colexio dos PP Escolapios tiveron a oportunidade de coñecer o sistema de produción ecolóxica da man deste novo volume protagonizado polos Bolechas, un libro que se distribuirá en todos os colexios e bibliotecas de Galicia co fin de concienciar as xeracións futuras da importancia da alimentación saudable e ecolóxica.

Ademais da presentación do libro, os alumnos e alumnas asistentes ao evento puideron desfrutar da presenza dos propios Bolechas no acto, así como dunha demostración de debuxo en directo do creador dos Bolechas, Pepe Carreiro, e da actuación musical de Pakolas.

 

 

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.