
O Consello
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) é a autoridade de control de Galicia e a súa función é auditar e certificar os produtos agroalimentarios ecolóxicos na nosa comunidade autónoma.
Nel atópanse representados o sector produtivo, elaborador, comercializador e a propia Administración. Conta, ademais dende o 2011, coa acreditación ENAC nº78/C-PR152, que é a ferramenta establecida a escala internacional para xerar confianza sobre a correcta execución das súas actividades.
O selo
Un produto orgánico, biolóxico ou ecolóxico é aquel que está producido/cultivado de maneira respectuosa co medio ambiente sen a intervención de elementos, compoñentes ou procesos químicos.
Na comercialización de produtos ecolóxicos o selo é a única garantía oficial que ten o consumidor de que o produto é totalmente orgánico a través dos controis en cada fase da elaboración.

A agricultura ecolóxica

A Certificación
A través do certificado ecolóxico os operadores son capaces de garantir aos seus clientes que os produtos que ofrecen son xestionados de acordo a prácticas agrícolas respectuosas co medio ambiente e o benestar animal.
Calquera operador galego que produza, prepare e distribúa produtos ecolóxicos, incluída a acuicultura e apicultura deberá notificar a súa actividade ao CRAEGA e someter a súa empresa a un réxime de control establecido en base á normativa europea.
1552
– Operadores inscritos no CRAEGA en 2023 –
Directorio
Consulta os produtos, operadores e actividades certificadas en cada provincia galega.