fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

5º Barómetro Craega

Análise sobre a percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia

0% Pesticidas 100% Alimento - CERTIFICACIÓN ECOLÓXICA DE GALICIA

Descubre a oficina dixital

Xestiona os teus trámites nun click.

Sabes que é a agricultura ecolóxica?

Coñeces o selo de garantía CRAEGA que certifica ós alimentos ecolóxicos?

Consulta os operadores ecolóxicos en Galicia

CRAEGA | O Consello

O Consello

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) é a autoridade de control de Galicia e a súa función é auditar e certificar os produtos agroalimentarios ecolóxicos na nosa comunidade autónoma.

Nel atópanse representados o sector produtivo, elaborador, comercializador e a propia Administración. Conta, ademais dende o 2011, coa acreditación ENAC nº78/C-PR152, que é a ferramenta establecida a escala internacional para xerar confianza sobre a correcta execución das súas actividades.

O selo

Un produto orgánico, biolóxico ou ecolóxico é aquel que está producido/cultivado de maneira respectuosa co medio ambiente sen a intervención de elementos, compoñentes ou procesos químicos.

Na comercialización de produtos ecolóxicos o selo é a única garantía oficial que ten o consumidor de que o produto é totalmente orgánico a través dos controis en cada fase da elaboración.

CRAEGA | O Selo
Agricultura ecolóxica

A agricultura ecolóxica

  • Produce alimentos de máxima calidade nutritiva, sanitaria e organoléptica

  • Reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro e mitiga os efectos do cambio climático

  • Fomenta a biodiversidade, incrementando a resistencia ao cambio climático

  • Axuda as comunidades locais no seu desenrolo facendo posible a fixación de poboación no rural

  • Protexe o chan fronte a erosión e a degradación, incrementando a súa fertilidade

  • Non contamina as augas con insumos químicos

CRAEGA | A Certificación

A Certificación

A través do certificado ecolóxico os operadores son capaces de garantir aos seus clientes que os produtos que ofrecen son xestionados de acordo a prácticas agrícolas respectuosas co medio ambiente e o benestar animal.

Calquera operador galego que produza, prepare e distribúa produtos ecolóxicos, incluída a acuicultura e apicultura deberá notificar a súa actividade ao CRAEGA e someter a súa empresa a un réxime de control establecido en base á normativa europea.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.